[04/06/26 – 19:00] II XORNADAS MULLERES LIBRES VIGO 2026

O xoves catro de xuño continuamos co penúltimo episodio chamado “O que a ditadura nos fixo ás mulleres” no marco das II Xornadas Mulleres Libres no local “La Contenedora” na rúa Eduardo Iglesias, 11.

Nesta nova xornada, temos a Montse Fajardo, unha escritora e xornalista recoñecida polo seu traballo na recuperación da Memoria Historica e na visibilización de colectivos vulnerables. Autora de obras como “O agro na memoria”, combina unha rigorosa documentación cun marcado enfoque feminista, poñendo as voces silenciadas pola represión franquista no centro do relato.

Esperamos a vosa asistencia e participación!