[9,10,11 – OUTUBRO] PROGRAMA 2ª FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA E SOCIAL DE VIGO

PROGRAMA II FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA E SOCIAL DE VIGO

Os días 9, 10 e 11 de outubro, as Galerías de Príncipe, 22 (Vigo) acollerán a II Feira do Libro Anarquista e Social de Vigo, tres xornadas de libros, encontros, debate e reflexión colectiva.

Nun momento no que os espazos sociais e libertarios tamén se enfrontan a debates sobre os límites da pluralidade, consideramos máis necesario ca nunca defender espazos de encontro onde sexa posible discutir sen medo e confrontar ideas sen converter a discrepancia nun motivo de exclusión.

VENRES 9

Ás 19:00 h, apertura da feira coa presentación de “Romper el bloque”, de Iago Prada, con Mu Produccions.

Durante a xornada estarán presentes diferentes editoriais e proxectos: Virus, Malafiera, Calumnia, Volapük, Milvus, Fantasma e La Linterna Sorda, entre outros.

SÁBADO 10

Ás 11:30 h, “Bestiario poético”, de Ed. Malafera.

Ás 11:30 h, “Pintacaras”, de Creo.luego.existo.

Ás 13:00 h, “Contra el culto al trabajo”, con Alfredo Apilánez.

Ás 17:00 h, “As loitas do común”, unha mesa redonda sobre as loitas veciñais da comarca, coa participación de Bembrive en pé, AA.VV. Ribadellouro e CMVMC de Tameiga.

E ás 20:00 h, “Tango”, con Ricardo Coronel.

DOMINGO 11

Ás 12:30 h, “O cinema como ferramenta dos servizos secretos entre 1936 e 1939”, con Rafa Toba.

Ás 16:30 h, “Tragabarrios: como o xogo destrúe os nosos barrios”, con AGAJA, David Fernández e Patricia Fernández.

Ás 16:30 h, nova sesión de “Pintacaras”, de Creo.luego.existo.

HORARIOS DA FEIRA

Venres: 17:30 – 21:00 h Sábado: 11:00 – 21:00 h Domingo: 11:00 – 19:00 h

📍 Galerías de Príncipe, 22, Vigo

Tres días arredor dos libros, pero tamén arredor das ideas. Para atoparnos, escoitarnos, discutir e pensar colectivamente.

Porque os espazos libertarios tamén deben ser espazos onde a liberdade de pensamento, a crítica e a discrepancia teñan lugar.

Saúde e anarquía!