CAT-VIGO INICIA CONFLICTO CONTRA “TALGO CAFÉ”

¡HOSTEPAR SERVICIOS HOSTELEROS DESPIDE E NON PAGA!
O pasado 4 de setembro de 2026, a empresa Hostepar Servicios Hosteleros S.L. despediu ao noso compañeiro Alejandro, que traballaba na Cafetería Talgo, en Vigo, dende agosto de 2024
Para xustificar o despedimento botaron man de supostas perdas económicas, incumprindo o preaviso legal obrigatorio e sen poñer á súa disposición a indemnización correspondente no momento da notificación
CAT-Vigo ten constancia da solvencia económica de quenes estan atrás de Hostepar, que curiosamente ven de abrir unha nova cafetería “Talgo”, en Compostela. Un nome moi apropiado para quen deixa ás traballadoras cunha man diante e outra atrás e desaparece do mapa non sabemos se para replicar este tipo de abusos empresariais
Despois do despedimento, CAT-Vigo elaborou e firmou un acordo de pago fraccionado coa empresa xestionando a negociación coa xestoría la empresa por un total de 4451€, contando xa co incumprimento do pago desta débeda recoñecida que tiña como principal obxectivo garantir certa solvencia económica ao noso compañeiro e garantir o recoñecemento das principais irregularidades que cometera a empresa, como non pagar a nómina de agosto, pagar a falta do preaviso de duas semáns asociado a un despedimento obxectivo por causas ETOP segundo o artigo 53 do estatuto das traballadoras, e a indemnización de 20 dias correspondente
Ante o impago inxustificado do segundo prazo acordado, CAT-Vigo reclámalle agora a Hostepar un total de 4.059.59€ por tódolos conceptos posibles, coma un plus de nocturnidade do 25% sobre o salario base de cada hora de traballo efectiva realizada durante o último ano; unha paga extraordinaria que a empresa recoñeceu adebedadarlle ao traballador (xerándose así a posibilidade de reclamar esa cantidade durante outro ano dende a data na que se recoñece esa débeda); o segundo prazo non aboado e recoñecido pola empresa no acordo de pago; e un interés de demora do 10% sobre o total das cantidades referidas
As empresas non poden seguir utilizando o despedimento e os acordos de pago como un papel mollado para gañar tempo mentres prexudican a estabilidade das traballadoras e traballadores.
CAT-Vigo deseña este tipo de conflictos pensando en tódolos escenarios posibles.
¡Hostepar, paga o que debes!
¡Unión, acción, autoxestión!
HOSTEPAR SERVICIOS HOSTELEROS DESPIDE E NON PAGA
