CAT-VIGO INICIA CONFLICTO CONTRA “ENCOM ELECTRIC S.L.”

ENCOM ELECTRIC S.L DESPIDE E NON PAGA

CAT-Vigo abre un novo conflito contra a empresa Encom Electric S.L, rexentada
por un empresaurio nostálxico das súas andainas por greves sectoriais do metal.
Non sabemos nin nos interesan as greves ás que acudise esta personaxe, o que si
sabemos e que coñece ben pouco de dereitos laborais.

Encom Electric despediu verbalmente ao noso compañeiro Salva o pasado 2 de
novembro tras abandonar este o seu traballo o dia 29 de outubro por mor dun
conflito laboral co patrón fa obra na que o noso compañeiro traballaba coma
electricista oficial de primeira.

Total, que ese día pola tarde o noso compañeiro fala co xefe, este dille que cause
baixa voluntaria, o noso compa négase, temos constancia de whstsapps enviados
ao tal xefe dicindolle de retomar o traballo o luns dia 2 de novembro e mesmo co tal patrón da obra na que traballaba. Ante o silencio e incerteza de se ir ou non a
traballar o venres dia 30 de outubro dado o conflito na devandita obra e sen saber
se esta despedido ou non, o luns dia 2 de novembro o noso compa vai ás oficinas
da empresa Encom Electric, en Salceda de Caselas, e ali é despedido de maneira
verbal chegándolle unha notificación de baixa na empresa con data de efectos do 29 de outubro.

¿Será isto cousa do demo, maxia ou patanería facinerosa?. Como sexa, CAT-Vigo
denuncia a improcedencia do despedimento e reclámalle asi mesmo a Encom
Electric S.L 1983.52€ brutos a favor do noso compa Salva por diversos conceptos
que aquí non imos a detallar.

Dende CAT-VIGO aproveitamos para deixar claro que o abandono do posto de
traballo polo motivo que sexa, non equivale a unha baixa voluntaria.
Mentres que a baixa voluntaria require unha manifestación de vontade clara e por
escrito, o abandono do posto de traballo é unha inasistencia inxustificada que pode tratarse a través medio do réxime disciplinario que tanto lles gusta a algunhas
empresas.

Para que os tribunais consideren un abandono como unha “dimisión tácita”, a
xurisprudencia exixe que a empresa demostre unha conduta prolongada e que
emitise un requirimento previo ao traballador exixindo a súa reincorporación
Pero estas cousiñas, polo que sexa, a Encom Electric S.L non lle parecen moi
importantes, porque claro, agora resulta que acudir a unha mani ou folga do sector
xa lle dan a un a capacidade de interpretar o que lle sae do carallo para roubar
ademais 15 días de salario por falta de preaviso.

O “nejosio” é redondo, Encom Electric S.L sácase da chistera interpretacións sobre
dereito laboral. Menos que o xefe era sindicalista que se non o traballador mesmo
volta para casa en gallumbos.

O noso compa non recibiu ningún tipo de carta ou comunicación formal de
cesamento na que se especifique por escrito a data de efectos e a causa alegada
para a extinción da relación laboral. A xestoría parece que tampouco pode
responder aos requirimentos documentais que lles facemos.

¡Oh, sorpresa!

Non pasa nada, temos a calma que nos da a experiencia neste tipo de circos
orquestrados por empresaurios facinerosos

¡Encom Electric despide e non paga!

¡Nin pufos nin ratas!.

¡Viva o anarcosindicalismo!

¡Viva a folga xeral!

¡Viva Francisco Herrera!